Volver

Confinamento nas Ondas (Radio Fontexería)

Centro: IES Fontexería, Muros (A Coruña)
Curso: 2019/2020

Excelente programa da radio escolar do alumnado de 1.º de ESO B do IES Fontexería de Muros para o período de confinamento. Case media hora de programación que inclúe as máis varidas seccións: desde noticias, entrevistas e crónicas ata receitas e anuncios publicitarios. Non perdades as regueifas das compañeiras e a música dos grupos muradáns: The Rapants e Terbutalina.