Volver

Crónicas do confinamento

Centro: IES Sánchez Cantón, Pontevedra (Pontevedra)
Curso: 2019/2020

Como se se tratase de xornalistas , os rapaces e rapazas de 2.ª da ESO crearon as súas propias crónicas do confinamento. Aproximadamente durante 10 días (seguidos ou non), os alumnos e as alumnas tiñan que gravarse (audio ou vídeo), de 1 min a 1.30 min, e combinar na súa exposición a información favorecida polos medios de comunicación sobre a pandemia coas súas impresións persoais e sentimentos. A única recomendación era que fixesen un guión sobre o que ían falar para non perderen o fío ou repetiren información. O resultado foi moi satisfactorio. Houbo quen fixo día a día as gravacións e quen elaborou os guións diariamente para gravar todo xunto ao final.

Achegámosvos unha pequena mostra: un audiovisual da alumna Laura Vázquez Maceiras, que gravou todos os días seguidos, e varios audios de Violeta Fortes, ambas de 2.º.