Volver

Gala aRi[t]mar Galiza e Portugal

Centro: EOI de Santiago de Compostela
Curso: 2019/2020

Os gañadores do Ari[t]mar nesta edición 2020 na categoría de poesía son o galego Carlos Da Aira, polo poema “Nas noites de luar” (Prender os fachos, compoñer os ósos, Espiral Maior, 2019), e a portuguesa Raquel Lima, por “Liberdade mais cruel” (Ingenuidade Inocência Ignorância, Animal Sentimental e BOCA - palavras que alimentam, Lda, 2019).

As seguintes clasificadas foron Tamara Andrés (Galiza) por “No medio desta paisaxe”, e Filipa Leal (Portugal), por “Projecto político 3: El Corte Inglés” e, en terceiro lugar, Olga Novo (Galiza), por “Síndrome de Stendhal” e José Manuel Neves (Portugal) con “E se fosse proibido abraçar”.

As gañadoras polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2019 son, respectivamente, Sabela, con Despedida e António Zambujo, con Catavento da Sé.

Os seguintes temas máis votados, nos segundos postos, foron os de Guadi Galego (GZ) por Balada de verán e Miguel Araújo (PT) con Talvez se Eu Dançasse; e os terceiros Baiuca (GZ) por Fisterra, e Isaura (PT) con Uma Frase Não Faz a Canção.

Os poemas gañadores serán interpretados polos seus autores na Gala aRi[t]mar-é que se celebrará o 26 de setembro ás 12:30 h no Hotel NH, xunto coas cancións premiadas de Sabela e António Zambujo.

Nesta edición, o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi para Georgina Benrós De Mello, ex directora-xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) e antiga Ministra de Comercio e Turismo de Cabo Verde. Foi unha decidida impulsora da incorporación da Galiza á CPLP.