Volver

Exposición dos plásticos das praias de Baiona

Centro: CPI de Cova Terreña, Baiona (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

O CPI de Cova Terreña deseñou unha campaña de concienciación sobre o grave problema ambiental da presenza de plásticos nos mares. Entre os diferentes produtos creados, podemos ver unha exposición cos plásticos que recolleu o alumnado e mais os traballos audiovisuais en stop motion que realizaron, con didácticas explicacións do tema e moi axeitados para celebrarmos o Día da Ciencia e o Día Mundial do Medio Ambiente.