Volver

Móvete polo galego!!!

Centro: CPR Plurilingüe Divina Pastora, Ourense (Ourense)
Curso: 2020-2021

O alumnado de 3º e 4º de educación secundaria do CPR Plurilingüe Divina Pastora de Ourense, xunto co seu profesor Elías, gravou este videoclip para o Concurso Móvete, organizado co gallo do 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega, e obtivo o segundo premio. A súa intención é mobilizar a sociedade para falar en galego e poñer de manifesto que é a xuventude o futuro para conservar a nosa lingua.