Volver

A viaxe de María Casares

Centro: IES Plurilingüe A Cachada, Boiro (A Coruña)
Curso: 2021-2022

A través deste audiovisual, coñeceremos mellor a traxectoria vital e profesional da coruñesa María Casares: os primeiros anos, o exilio en Francia, a carreira cinematográfica, a relación con Albert Camus...; unha merecidísima homenaxe que lle dedican as alumnas do Club do Antifás do IES A Cachada de Boiro á nosa primeira grande actriz internacional, a poucos días do centenario do seu nacemento, o 21 de novembro.