Volver

Ano Castelao: Karaoke da cantiga "Lela"

Centro: CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

Continúa a conmemoración do Ano Castelo nos centros e, coa xenerosidade á que nos ten acostumados, o EDLG do CEIP do Carballal pon ao noso dispor esta fermosa versión de Lela en formato karaoke, para que o alumnado a aprenda e a cante. A instrumentación é de Rosendo Mato Hermida, a guitarra e arranxos do profe Víctor Castro e a voz da profe Natalia Rosales.