XIII Mostra de Entroido
Curso: 2025-2026
Mostra de Entroido que este ano estará dedicada aos Galos da Mezquita (A Merca, Ourense). Como en edicións anteriores, haberá exhibición dos seus elementos patrimoniais, o seu vestiario, as súas danzas etc. A comitiva visitante estará acompañada pola agrupación Abadiño Son, formación de música tradicional integrada por estudantes e docentes dos centros organizadores e mais os Xenerais da Ulla, que farán de anfitrións.
Poderase seguir por streaming, o vindeiro 6 de febreiro, a partir das 10.00 h desde calquera dispositivo con conexión a Internet, no web do CIFP Imaxe e Son da Coruña, que tamén colabora na organización do evento.
Esta iniciativa comezou a súa andaina no curso 2013/2014 e veu desenvolvéndose de xeito ininterrompido ata a actualidade. Ao longo deste tempo, abordou a tradición do Entroido galego desde perspectivas diferentes e xenuínas (os xenerais da Ulla de Couso-A Estrada, Viana do Bolo-Vilariño de Conso, Cobres-Vilaboa, Laza, Santiago de Arriba-Chantada, Verín, Bande, Arcos-Mazaricos, Lobios, Entrimo etc.).