Volver

Centenario do pasamento de Filomena Dato

Centro: CPI Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)
Curso: 2025-2026

O vindeiro 27 de febreiro, ás 17.00 h, iniciaranse en Bergondo (cemiterio de Moruxo) os actos de homenaxe a quen foi unha das súas máis ilustres veciñas e senlleira representante da lírica feminista do século XIX: Filomena Dato Muruais (1856-1926).

A conmemoración do centenario do seu pasamento congregará, alén de autoridades e veciñanza, o alumnado e profesorado do CPI Cruz do Sar e doutros centros da contorna, así como as gañadoras do Premio de Poesía Filomena Dato (Natalia Alonso e Marta Dacosta) ou poetisas como Dores Tembrás. A Agrupación de Música Tradicional de Bergondo amenizará este primeiro evento, que terá continuidade ao longo do ano con outras actividades na honra da autora.