Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego

Centro: Igaciencia
Curso: 2026 - 2027

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia en Galego, unha celebración durante a cal nos centros escolares se desenvolven propostas diversas para fomentar o interese por este ámbito experimental entre os máis novos. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Como vén sendo habitual, a Secretaría Xeral da Lingua, a través dos equipos de dinamización da lingua galega, colabora con Igaciencia na difusión dunha serie de webinarios de dinamización científica en galego que están dirixidos aos centros educativos, especialmente os de secundaria e bacharelato. Aínda podedes inscribirvos e facerlles preguntas en directo ás relatoras (https://www.igaciencia.eu/gl/node/467). Tamén podedes visionalas en Youtube.

As propostas para este ano son as seguintes:

Día 4, ás 12.00 h: Francisco Díaz-Fierros Viqueira, “Auga para todos. A seca que non cesa”. https://www.youtube.com/live/R4rIrr5q0Bs

Día 11, ás 12.00 h: Raquel Cela Dablanca, “Sen solo non hai vida: como se forma e por que debemos conservalo”. A ligazón para efectuar esta conexión o día 11 de novembro é https://youtube.com/live/CN00mPu_WlA?feature=share  

Día 18, ás 12.00 h: Ana Barreiro Buján, “Un solo vivo, un planeta vivo: ameazas e desafíos para a súa conservación”. A ligazón para efectuar esta conexión o día 18 de novembro é https://youtube.com/live/QUVxBKWjSTw?feature=share 

Documentos relacionados

Enlaces relacionados