Volver

Exposición Arte e Ciencia

A divulgación científica en galego chega a Ourense da man de IGACIENCIA e da Secretaría Xeral de Política Lingüística

A mostra Arte e Ciencia ilustra e profunda no diálogo entre a arte e a ciencia a través de obras e de autores representativos de diferentes movementos ao longo do tmepo, iniciando a viaxe na arte castrexa e rematándoa na arte dixital 3D.

O aspecto máis destacado da exposición, tanto polo interese que posúe en si mesmo como por ser unha primicia, é a presentación animada e o conxunto de paneis que mostran pasao a paso o método compositivo de Juan Gris.

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Datas: do 14 ao 20 de outubro de 2015

Horario:

  • De luns a xoves, de 18:00 h a 22:00 h
  • Venres: de 11:00 a 14:00 h
  • Sábado e domingo: de 18:00 a 21:00 h