Volver

FALAREDES 2017

Tic Tac Toc

A segunda proposta de FalaRedes para o ano 2017 é o concerto Tic Tac Toc, do coñecido compositor e intérprete de música infantil Pablo Díaz

  • Tic Tac Toc

    Tic Tac Toc

A música, con todo o seu potencial para a aprendizaxe e a transmisión afectiva das linguas, non podía faltar na actividade que FalaRedes lles dedica aos máis pequenos: un concerto para nenos e nenas de 0 a 7 anos e as súas familias, onde poderán bailar, aprender e escoitar en directo as cancións do libro-disco Tic Tac Toc, de Pablo Díaz.

Quen mellor para propoñerlles aos cativos e cativas cancións para desfrutar dunha tarde en familia e para seguir cantando no coche e na casa ca este músico gañador do premio Martín Códax na categoría de música infantil polo seu segundo traballo, Toc Toc (2013), e autor, ademais, doutras propostas de éxito, como Tic Tac (2010) e Xente miúda, moita fartura (2014).

No concerto Tic Tac Toc, Pablo Díaz -acompañado de Diego Barral (guitarras) e de Álex Fente (acordeón)- ábrese ao mundo dende a lingua galega incorporando ritmos e sentires de latitudes diversas (Brasil, Cuba, Os Estados Unidos...) sen abandonar os temas que conforman o universo próximo dos nosos nenos e nenas. Poderedes desfrutar desta actividade en 19 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

 

 

Axenda de FalaRedes 2017. Tic tac toc

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

25 de marzo, 12:30Teatro PrincipalA EstradaPontevedra
26 de marzo, 18:00Auditorio MunicipalNarónA Coruña
1 de abril, 18:00AuditorioVerínOurense
2 de abril, 18:30Auditorio Municipal Carmen EstévezVilalbaLugo
9 de abril, 18:00Casa da Cultura de CamporrapadoBoqueixónA Coruña
15 de abril, 20:00Casa da CulturaPalas de ReiLugo
16 de abril, 18:00Auditorio Municipal Ilduara CelanovaCelanovaOurense
22 de abril, 19:00Casa da CulturaBarbadásOurense
23 de abril, 12:00Casa da CulturaOuteiro de ReiLugo
23 de abril, 18:00Auditorio da Casa da CulturaBurelaLugo
29 de abril, 18:00Casa da Cultura Manuel Lueiro ReyO GrovePontevedra
6 de maio, 12:00Auditorio Reveriano SoutulloPonteareasPontevedra
6 de maio, 20:00Auditorio da Casa da CulturaOutesA Coruña
7 de maio, 18:30Casa da CulturaBoiroA Coruña
13 de maio, 12:30Auditorio MunicipalO CarballiñoOurense
13 de maio, 19:30Auditorio da Casa da CulturaA CañizaPontevedra
14 de maio, 12:00Casa da CulturaA LarachaA Coruña
14 de maio, 18:00Aula de Cultura Xulio CunsBetanzosA Coruña
20 de maio, 18:30Auditorio de GaliciaSantiago de CompostelaA Coruña