Volver

Persoeiros das nosas letras e da historia de Galicia na canle Galeguizar Galicia

Canle de vídeos onde podemos atopar múltiples historias interesantes e divulgadores da lingua e cultura galegas como os seguintes:

O Couto Mixto

Vai aló século e medio dende que os estados español e portugués coa promulgación da Lei de Lindes, finiquitaban unha entidade territorial que nacera na Idade Media: O Couto Mixto, repartindose os territorios entre os dous estados. Pero esa nova organización territorial non puxo fin ás comunidades que os habitaban e que sempre se sentiron arraianas, participando dunha tradición antropolóxica e cultural que aínda hoxe está viva nas conciencias dos homes e mulleres que moran nesas terras.

https://www.youtube.com/watch?v=LquBuaMUqyI

Galicia somos nós, o pobo, a terra e a lingua.

Ser diferente é un dereito na diversidade. Esta constitúese con singularidades que son as que arrequecen o mosaico universal. Galicia aporta a esa diversidade o seu acento propio, a súa maneira de ser, que é a consecuencia do pouso deixado polas acumulacións históricas sucesivas. Formamos parte do concerto dos pobos que conviven en harmonía respetándose mutuamente.

https://www.youtube.com/watch?v=kM982m5NtEk