Volver

Con acento propio

O Foro Enrique Peinador e a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IRGADE), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, lanzan a campaña "Con acento propio", dirixida tanto a empresariado como a consumidores e orientada a poñer en valor o produto etiquetado na nosa lingua e mais o seu consumo.