Volver

FALAREDES 2020

Voa, voa

A primeira actividade do FalaRedes 2020 foi creada para os máis pequenos da casa, pero fará as delicias de toda a familia.

  • Voa, voa. Detalle do cartel

    Voa, voa. Detalle do cartel

Da man de Talía Teatro presentamos Voa, voa, unha peza pensada para relembrar e divulgar a arte de xogar coas palabras; para animar a nais, pais, avoas e avós a relembrar os seus xogos de infancia e o vocabulario que neles había e enredaren coa xente miúda de hoxe empregando os ditos, retrousos, xogos de man... que chegaron a eles transmitidos xeración tras xeración e cos que tanto se divertiron de pequenos.

Voa, voa, que conta cunha axuda á produción escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, estará este verán en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Voa, voa                                                        
XULLO   
Data e hora    Lugar               Concello   Provincia
Mércores 15, ás 20:00 horas e xoves 16, ás 12:00 horasCasa da CulturaCeeA Coruña
Venres 17, ás 21:00 horasTeatro Coliseo NoelaNoiaA Coruña
Sábado 18, ás 21:00 horasLocal Social Xente Nova de Tabeaio CarralA Coruña
Domingo 19, ás 20:00 horas Exterior da antiga reitoral de Caión (no pavillón municipal de Caión, no caso de choiva) A LarachaA Coruña
Xoves 23, ás 19:00 horas No exterior da Casa da Cultura (no interior do Centro Sociocultural Multiúsos, no caso de choiva) Moraña Pontevedra 
Venres 24, ás 12:30 horas Casa da CulturaGuntínLugo 
Martes 28, ás 21:00 horas No pavillón do colexio nº1 Foz Lugo 
Mércores 29, ás 21:00 horas No campo da festa de San Miguel de Sarandón (na nave da estación de ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla, no caso de choiva)Vedra A Coruña
Xoves 30, ás 11:30 horas No anfiteatro da Azucreira (no auditorio da Azucreira, en caso de choiva) Portas Pontevedra 
Venres 31, ás 11:30 horas No parque municipal (no pavillón do CEIP Calvo Sotelo, en caso de choiva) O Carballiño Ourense
AGOSTO    
Data e horaLugarConcelloProvincia
Mércores 5, ás 19:30 horas Na praza do Concello (no centro de día municipal dos Gozos, en caso de choiva) O Pereiro de AguiarOurense 
Xoves 6, ás 12:00 horas Teatro Principal A Estrada Pontevedra 
Venres 7, ás 20:00 horas Auditorio da Casa da Cultura Ribadavia Ourense 
Sábado 8, ás 19:00 horas No polideportivo Triacastela Lugo 
Domingo 9, ás 21:30 horas Na praza do mercado (no Centro Cultural e Xuvenil, no caso de choiva) Muros A Coruña