Volver

FALAREDES 2020

Os Bolechas e a Porta dos Camiños

Os Bolechas chegan este outono ao FalaRedes cunha nova aventura no Camiño de Santiago que fará as delicias de nenos e nenas entre 4 e 8 anos de 21 localidades da Rede de Dinamización Lingüística.

  • Os Bolechas e a Porta dos Camiños. Detalle do cartel

    Os Bolechas e a Porta dos Camiños. Detalle do cartel

Desta volta, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá coñecerán a Haker Mater, un programador informático que está poñendo a punto a Porta dos Camiños, unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar e non saben por que vía facelo. O que pasa é que a máquina leva 11 anos sen funcionar e parece que precisa algúns arranxos... Menos mal que Os Bolechas son expertos en amañaren de todo e, coa axuda do público, conseguirán, non só facer funcionar a Porta dos Camiños, senón aprender unha chea de cousas sobre algunhas das principais vías de peregrinación. E mesmo axudarán o Peregrino Faustino a elixir Camiño!

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Os Bolechas e a Porta dos Camiños                                                        
 Data e hora Lugar Concello Provincia
 19 de setembro, ás 12:00 horas Museo do Mar (Sala Temporal) Vigo Pontevedra
 19 de setembro, ás 18:30 horas Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey O Grove Pontevedra
 26 de setembro, ás 11:30 horas Multiúsos Municipal Frades A Coruña
 27 de setembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal Ribeira A Coruña
 3 de outubro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa Pontevedra
 4 de outubro, ás 12:00 horasCasa da Cultura de Camporrapado Boqueixón A Coruña
 4 de outubro, ás 18:00 horasCentro Cultural O Salón Abegondo A Coruña
 17 de outubro, ás 18:00 horasAuditorio Municipal Cerceda A Coruña
 24 de outubro, ás 12:00 horasAuditorio Municipal Rois A Coruña
 24 de outubro, ás 18:30 horasSalón Teatro Lalín Pontevedra
 3 de novembro, ás 12:00 horasCEIP Pino Grandío Guntín Lugo
 7 de novembro, ás 12:00 horasAuditorio do Centro Cívico Cultural Arteixo A Coruña
 14 de novembro, ás 18:00 horasCentro Sociocultural de Vite Santiago de Compostela A Coruña
 15 de novembro, ás 12:30 horasCentro Cultural A Fábrica Oleiros A Coruña
 21 de novembro, ás 17:30 horas Casa da Cultura A Laracha A Coruña
 28 de novembro, ás 18:00 horasAuditorio Municipal OurenseOurense
 29 de novembro, ás 12:00 horasAuditorio Municipal Pascual Veiga Mondoñedo Lugo
 29 de novembro, ás 18:00 horasPazo da Cultura Narón A Coruña
 5 de decembro, ás 18:00 horasAuditorio da Casa de Rosalía Padrón A Coruña
 13 de decembro, ás 12:30 horas Auditorio Multiúsos As Pozas Mos Pontevedra