Volver

#ACULTURASEGUE

Entre Padrón e Santiago. Asociación Cultural Tres por Cuatro

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Catro videoclips con poemas musicados de Rosalía de Castro e de Luísa Villalta que interpreta o grupo vocal feminino Entrelas.

Eu cantar, cantar, cantei

Tema de Rosalía de Castro interpretado ao pé da casa da escritora en Padrón e mais da praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Os teus pasos de home

Poemas de Luísa Villalta e imaxes do convento franciscano de Santo Antón de Herbón.

Padrón, Padrón

Outro tema de Rosalía de Castro interpretado, como non, en diversas localizacións da vila de Padrón.

Prá Habana!

Rosalía de Castro é tamén a autora do texto deste cuarto videoclip, que foi gravado na Casa da Matanza e mais no tramo do Camiño Portugués que une Padrón e Santiago.