Volver

#ACULTURASEGUE

O varredor. Rafael Rey Domech

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Gravación do espectáculo O varredor, peza teatral e musical de temática ecoloxista da compañía The Morning Compass. Emprega monicreques de mesa, buranku, máscaras e teatro físico.

Manolo vive no lixo que inunda o seu mundo. Na súa rutineira vida acabou por se converter nun virtuoso que coa súa vasoira dedica os días á danza do varrer. Desde montañas e mares de residuos aparecen criaturas que poñen en perigo o último humano, ata que un día, entre eses mesmos desperdicios, Manolo atopa aquilo que podería salvar a súa terra estéril: unha flor. É nese momento onde comeza a súa aventura. Que pasaría se perdese aquela rosa resplandecente atopada entre o lixo? Perdería tamén a esperanza?