Volver

#ACULTURASEGUE

Fálame. Óscar Ferreira

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

O obxectivo deste proxecto audiovisual é aprender a construír e manipular un monicreque de boca. O vídeo consta de dúas partes: unha primeira dedicada á construción dos monicreques e unha segunda centrada nas leccións básicas de manipulación. A proposta está pensada especificamente para pequenos e pequenas de 3 anos a 12 anos, pero pódese participar con calquera idade.