Volver

Por que non nos volvemos bicar? Lucía Aldao Sánchez

Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

A Banda Aldaolado, de recente creación, é a expansión da proposta coa que Lucía Aldao e María Lado levan xirando dende 2005, con espectáculos onde se unen a poesía, a música en directo e o humor.

O tema “Por que non nos volvemos bicar?” forma parte de Forestal, segundo disco de Aldaolado (realizado para o Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2022) e que a Banda Aldaolado está presentando en directo na actualidade. Na banda participan Lucía Aldao e María Lado, Macarena Montesinos, Violeta Mosquera e Mig Seoane. O vídeo será realizado polo videógrafo Nacho Morán, integrante da firma 100toVolando.