Volver

Os nomes da nosa terra II. Xosé Antón Moure

Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

Serie de 3 microdocumentais para redes sociais e televisión cun marcado carácter lúdico e de entretemento.

Cada capítulo, dunha duración aproximada de 9 minutos, é a consecuencia dun traballo de investigación sobre micro toponimia realizado en colaboración co proxecto Galicia Nomeada da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega.

Esta é unha nova entrega da serie producida ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021. Na nova andaina, o obxectivo é estimular nas xeracións máis novas o interese e o uso do galego a través da identificación coa contorna e a transmisión interxeracional.