Volver

FALAREDES 2023

O circo do silencio

  • O circo do silencio. Detalle do cartel

    O circo do silencio. Detalle do cartel

A sala de fuxida ou scape room O circo do silencio vaise desenvolver en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística en sesións sucesivas de 30 minutos ao longo dunha xornada (desde as 11:00 h ata as 21:00 h), nunha pequena carpa circense instalada na rúa. Está pensada para catro xogadores en cada quenda, que terán que resolver en equipo unha serie de enigmas para completaren a misión final.

A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lles permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretan un grupo de detectives contratados para investigaren o roubo. Terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.

Axenda de FalaRedes 2023. O circo do silencio
Data e hora Lugar Concello Provincia
20 de xulloPraza do ConcelloXinzo de LimiaOurense
21 de xulloPraza MaiorPonteareasPontevedra
25 de xulloPaseo MarítimoFozLugo
26 de xulloAlamedaA EstradaPontevedra
28 de xulloPraza Ester Pita en Santa CruzOleirosA Coruña
30 de xulloPraza de GaliciaArzúaA Coruña
31 de xulloPraza do CorgoO GrovePontevedra
3 de agostoAlamedaOrdesA Coruña
4 de agostoCarballeira Caldas de ReisPontevedra
15 de agostoAlameda VerínOurense