FALAREDES 2019

Canta, miña pedra, canta

Canta, miña pedra, canta. Detalle do cartel
Canta, miña pedra, canta. Detalle do cartel
Xoán Curiel e Charo Pita en Canta, miña pedra, canta
Xoán Curiel e Charo Pita en Canta, miña pedra, canta
Xoán Curiel e Charo Pita en Canta, miña pedra, canta
Xoán Curiel e Charo Pita en Canta, miña pedra, canta

 Tras o seu éxito con Estamos no verán!!! e A casa do terror, Xoán Curiel volve ao FalaRedes acompañado, desta volta, da contadora Charo Pita. Xuntos ofrecen un espectáculo que combina as narracións tradicionais coas cantigas  que don Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedicará o 17 de maio, recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade . Deste xeito, FalaRedes 2019 ábrese cunha homenaxe ao autor das Letras Galegas deste ano.

Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario unha vez que a actuación finalice, cada familia asistente recibirá antes de marchar unha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares.

Dirixido a público de 6 a 12 anos e ás súas familias, Canta, miña pedra, canta, chegará esta primavera a 14 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

 

Axenda de FalaRedes 2019. Canta, miña pedra, canta

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Sábado 23 de marzo, 19:00 horas Coliseo Noela Noia A Coruña
Domingo 24 de marzo, ás 18:00 horas Auditorio Carmen Estévez Vilalba Lugo
Sábado 30 de marzo, ás 12:00 horas Auditorio do Centro Cívico e Social Arteixo

A Coruña

Sábado 30 de marzo, ás 17:30 horas Salón de actos do Centro Sociocultural Monterroso

Lugo

Sábado 13 de abril, ás 18:00 horas Auditorio Municipal Ourense Ourense
Xoves 18 de abril, ás 19:00 horas Praza Maior O Carballiño

Ourense

Sábado 20 de abril, ás 18:30 horas No salón de actos da Casa da Xuventude Mondoñedo Lugo
Venres 26 de abril, ás 18:00 horas Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey O Grove Pontevedra
Sábado 27 de abril, ás 18:00 horas Auditorio Municipal Cangas Pontevedra
Venres 3 de maio, ás 20:00 horas Casa da Cultura Ramón Martínez López Boiro A Coruña
Sábado 4 de maio, ás 12:00 horas Salón García Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Domingo 5 de maio, ás 19:00 horas Casa da Cultura Manuel María Barbadás Ourense
Sábado 11 de maio, ás 12:00 horas Teatro Principal A Estrada

Pontevedra

Venres 31 de maio, ás 18:00 horas

 Casa da Cultura de Bertamiráns Ames A Coruña
       
       

 

Documentos relacionados