FALAREDES 2018

A casa do terror

A casa do terror
A casa do terror

 Tras o seu éxito con Estamos no verán!!!, Xoán Curiel volve ao FalaRedes acompañado da banda Son+d2 e da bailarina Marta Alonso. O seu novo espectáculo, A casa do terror, presenta a historia dun grupo de amigos que se ve obrigado a durmir nun edificio encantado, onde o pasa de medo vivindo aventuras relacionadas coa música, coa amizade e coa superación dos propios temores. A historia desenvólvese entre cancións, danzas, elementos teatrais ou clown e, sobre todo, con moita participación do público asistente.

Dirixido a público de 7 a 12 anos e ás súas familias, A Casa do terror chegará este verán a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

 

Axenda de FalaRedes 2018. A casa do terror

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Domingo 1 de xullo, 19:30 horas Praza do campo da feira de Paiosaco, no marco da Feira das Cereixas A Laracha A Coruña
Venres 6 de xullo, 20:30 horas Casa da Cultura Castro de Ribeiras de Lea Castro de Rei Lugo
Venres 20 de xullo, 18:15 horas Casa da Cultura A Serra de Outes

A Coruña

Sábado 21 de xullo, ás 12:00 horas Exterior do Pazo de Torrado Cambados  Pontevedra
Sábado 28 de xullo, 21:00 horas Praza Maior de Ponteareas (no Auditorio Reveriano Soutullo, en caso de choiva) Ponteareas

Pontevedra

Domingo 29 de xullo, 20:30 horas Praza do Convento Melide A Coruña
Venres 31 de agosto, ás 18:00 horas Cada da Cultura do Milladoiro Ames A Coruña
Domingo 2 de setembro, 12:00 horas Praza do Prado de Castro Caldelas (no salón nobre, en caso de choiva) Castro Caldelas Ourense
Domingo 2 de setembro, ás 19:00 horas Auditorio Manuel María da Casa da Cultura Ribadavia Ourense
Venres 7 de setembro, ás 18:00 horas Praza de San Martiño (no Auditorio Municipal, en caso de choiva) Ourense

Ourense

Domingo 9 de setembro, ás 18:00 horas Casa da Cultura Narón

A Coruña

Xoves 27 de setembro, ás 19:00 horas

Teatro Municipal Tui Pontevedra
Venres 28 de setembro, ás 19:00 horas Alameda municipal (no Teatro Principal, en caso de choiva) A Estrada

Pontevedra

Sábado 29 de setembro, ás 11:30 horas Auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao Moaña

Pontevedra

Sábado 29 de setembro, ás 19:30 horas Auditorio da Casa da Cultura Burela

Lugo

       

 

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas