FALAREDES 2018

Asubíos

A quinta das propostas do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2018 é unha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular "O flautista de Hamelín" recollido polos irmáns Grimm. No espectáculo que a compañía do Elefante Elegante crea para a Rede de Dinamización Lingüística, a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos
Asubíos

A Cidade Cinza era absolutamente silenciosa. Ninguén falaba, ninguén cantaba, ninguén ría e ninguén choraba. Naquela cidade unha morea de persoas camiñaba da casa para o traballo e da escola para a casa... sen parar. Non había unha soa flor, non habitaba unha soa árbore. Non había lugar para a natureza. Mais un día, pola cidade cincenta, meticulosa, silandeira e laboriosa pasou un home asubiando e cantando doces melodías de flores e cores garridas. As nenas e os nenos quedaron abraiados co home e a súa guitarriña. Arredor del voaban paxariños libres de cores alegres. A cidade parou. Asomada ás xanelas, a xente da cidade criticaba o home dos asubíos que distraía as persoas das súas obrigas cotiás. Pola súa banda, os mandaríns da cidade tentaron de todos os xeitos evitar que a natureza e as súas cores lle roubasen á cidade cincenta o seu nome. Será que o conseguiron?

 

A compañía teatral Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados tanto no texto coma no xesto e no movemento. As súas pezas, que buscan sempre a universalidade, xorden da fusión de diferentes linguaxes: a palabra, o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. Nesta ocasión, a coidada estética que caracteriza as creacións de Elefante Elegante vai da man do respecto polo medio natural, das emocións, dos afectos e do humor para achegarlle ao público familiar, infantil e xuvenil teatro na lingua propia de Galicia.

 

Axenda de FalaRedes 2018. Asubíos

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Sábado 29 de setembro, 12:00 horas Casa da Cultura Fene A Coruña
Sábado 6 de outubro, 12:00 horas Auditorio do Centro Cívico Arteixo A Coruña
Domingo 7 de outubro, 12:00 horas  Aula Municipal de Cultura Betanzos A Coruña
Domingo 7 de outubro, 19:00 horas Auditorio Municipal Ribadumia Pontevedra
Domingo 14 de outubro, 18:00 horas Centro Social de Forcarei Forcarei

Pontevedra

Domingo 28 de outubro, 18:00 horas  Auditorio Verín Ourense
Xoves 1 de novembro, 18:00 horas  Salón de actos da casa do concello Carballedo  Lugo
Venres 2 de novembro, 19:00 horas  No Centro Sociocultural Alfoz (En colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense) Lugo 
Sábado 3 de novembro, 12:00 horas  Casa da Cultura Outeiro de Rei Lugo
Sábado 3 de novembro, 18:00 horas   Casa Habanera Guitiriz

Lugo

Sábado 17 de novembro, 18:00 horas  Auditorio A Fábrica Oleiros

A Coruña

Domingo 25 de novembro, 18:30 horas

 Centro Sociocultural de Conxo Santiago de Compostela A Coruña
Domingo 2 de decembro, 13:00 horas  Centro Sociocultural Negreira

A Coruña

Domingo 2 de decembro, 19:00 horas Casa da Cultura Barbadás

Ourense

Xoves 6 de decembro, 12:00 horas Centro Sociocultural Monterroso

Lugo

Xoves 6 de decembro, 18:00 horas  Auditorio Manuel Dopazo Silleda

Lugo

Venres 7 de decembro, 19:00 horas  Edificio Multiúsos Cea 

Ourense 

Sábado 8 de decembro, 19:30 horas  Auditorio Municipal Vilamarín Ourense
Domingo 9 de decembro, 12:00 horas  Casa da Cultura Salvaterra de Miño

Pontevedra

Domingo 9 de decembro, 18:00 horas  Salón de actos da casa do concello Castrelo de Miño

Ourense

 

Documentos relacionados