FALAREDES 2019

Os Bolechas. Somos unha gran familia

Os Bolechas. Somos unha gran familia. Detalle do cartel
Os Bolechas. Somos unha gran familia. Detalle do cartel

Os Bolechas non podían faltar á súa cita anual co FalaRedes. Sonia, Tatá, Pili, Loli, Carlos e Braulio, acompañados polo seu fiel can Chispa, pararán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para falarlles aos máis pequenos da casa dos membros da familia.

Somos unha gran familia é unha actividade participativa protagonizada polos Bolechas e dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco e descubrirán a importancia da familia. A dinamización lingüística prolongarase tras a fin do espectáculo mediante un web interactivo onde o público poderá acceder a xogos e unidades didácticas, así como a un sorteo de libros dos Bolechas.

 

Axenda de FalaRedes 2019. Os Bolechas. Somos unha gran familia

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Venres, 14 de xuño, 19:30 horas Salón de Actos da Biblioteca Pública Barro Pontevedra
Venres, 28 de xuño, 19:00 horas Salón Teatro Lalín Pontevedra
Sábado, 29 de xuño, 12 horas Local Social da Casa do Concello A Bola Ourense
Sábado, 29 de xuño, 19 horas Local Social de Brués Boborás Ourense
Domingo, 30 de xuño, 12:30 horas Centro de día dos Gozos O Pereiro de Aguiar Ourense
Domingo, 30 de xuño, 20:00 horas Salón de Actos do Concello Pazos de Borbén Pontevedra
Sábado, 6 de xullo, 12 horas Auditorio Municipal Cerceda A Coruña
Sábado, 6 de xullo, 19:30 horas Centro Sociocultural de Paiosaco A Laracha A Coruña
Domingo, 7 de xullo, 11:30 horas Auditorio Municipal Muros A Coruña
Domingo, 7 de xullo, 18 horas Casa da Cultura Boqueixón A Coruña
Sábado, 13 de xullo, 12 horas Sala Félix Rodríguez (área panorámica) Tui Pontevedra
Sábado, 13 de xullo, 19 horas Sala de Cultura da Casa de Concello Mondariz-Balneario Pontevedra
Domingo, 14 de xullo, 19 horas Sala Fonte do Lunar Triacastela Lugo

Sábado, 20 de xullo, 12 horas

Auditorio Municipal Rois A Coruña
Sábado, 20 de xullo, hora pendente de confirmar Pendente de confirmar lugar Boiro A Coruña
Domingo, 21 de xullo, 12:30 horas Centro Social Pontecesures Pontevedra
Xoves, 25 de xullo, 12:30 horas Centro Cultural do Picouto Ramirás Ourense
Xoves, 25 de xullo, 19:30 horas Auditorio Pazo de Mos Mos Pontevedra
Sábado, 27 de xullo, 12 horas Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro Barreiros Lugo
Domingo, 28 de xullo, 12 horas Grupo Escolar Nogueira de Ramuín Ourense
Domingo, 28 de xullo, 20:30 horas Pavillón Municipal Oímbra Ourense

 

Documentos relacionados