FALAREDES 2019

Rosa caramelo e outras historias

Rosa Caramelo. Detalle do cartel
Rosa Caramelo. Detalle do cartel

A oitava edición do FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dálle a benvida ao outono cunha nova actividade de lecer dirixida ao público familiar con cativada dos catro aos oito anos que chegará, da man de Talía Teatro, a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) ata novembro.

Illada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo... Cando seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade e abriralles o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Rosa caramelo e outras historias ​é un espectáculo teatral de dinamización lingüística creado a partir dos contos de Adela Turín que lles dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Rosa caramelo, A historia dos bonobos con lentes, Unha feliz catástrofe e Artur e Clementina combinan a palabra coa música en directo, para crear unha atmosfera adecuada coa que desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

Interpretada por Artur Trillo con música en directo de Fernando Fraga e baixo a dirección de Paula Carballeira, poderase gozar, do 5 de outubro ao 23 de novembro, en Ribadavia, A Rúa, Vilamarín, Bueu, Ordes, Laxe, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Viana do Bolo, Negreira, Lalín, Trazo, Burela, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.

 

Axenda de FalaRedes 2019. Rosa caramelo

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Sábado, 5 de outubro, 18:00 horas Auditorio da Casa da culturaRibadavia Ourense
Domingo, 6 de outubro, 17:00 horas Centro Cultural AvenidaA Rúa Ourense
Sábado, 12 de outubro, 17:00 horas Centro CulturalVilamarínOurense
Domingo, 13 de outubro, 18:00 horas Centro Social do MarBueu Pontevedra
Venres, 18 de outubro, 19:30 horas Auditorio da Casa da CulturaOrdesA Coruña
Domingo, 20 de outubro, 19:30 horas salón de actos culturais municipalLaxeA Coruña
Venres, 25 de outubro, 19:00 horas Edificio MultiúsosMonforte de Lemos Lugo
Domingo, 27 de outubro, 19:00 horas Casa da XuventudeMondoñedoLugo
Domingo, 3 de novembro, 13:00 horas Auditorio do Centro SocioculturalNegreira A Coruña
Venres, 15 de novembro, 19:00 horas Salón TeatroLalín Pontevedra
Sábado, 16 de novembro, 12:00 horas Centro Social PolivalenteTrazoA Coruña

Domingo, 17 de novembro, 18:00 horas

Casa da CulturaBurela Lugo

Venres, 22 de novembro, 18:00 horas

Biblioteca Pública MunicipalO Porriño Pontevedra
Sábado, 23 novembro, 12:30 horas Salón GarcíaVilagarcía de Arousa Pontevedra
Domingo, 24 de novembro, 18:00 horas Casa da CulturaViana do Bolo Ourense
    
    
    

 

Documentos relacionados