-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
#ACULTURASEGUE
A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico é un percorrido pola Ribeira Sacra desde o seu núcleo. Unha viaxe audiovisual a unha paisaxe cultural única que só poden ser entendidas desde as claves que rexen o patrimonio humano e os seus e as súas protagonistas: os ribeiraos e as ribeirás, que achegan o público espectador de primeira man á verdadeira identidade do territorio. A propia conversa coa veciñanza fai emerxer dos ríos Sil e Miño a lingua e a fala propias dun xeito natural: unha boa parte das verbas singulares que definiron e definen a vida en forte pendente, o patrimonio, a paisaxe, a viticultura e as tradicións. A verba viva pretende, ademais de entreter e guiar o espectador, promocionar a Ribeira Sacra e afondar no seu patrimonio lingüístico co obxectivo de recoller, recuperar e divulgar a lingua e os termos propios do xeito de vida da ribeira: artesáns e artesás, viticultores ou viticultoras con herdanza familiar e amantes do río e da terra.
O documental audiovisual, de algo máis dunha hora de duración, foi dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa, e producido por Chantada Comunicación. Foi gravado no inverno de 2021 en varios concellos da Ribeira Sacra localizados nas provincias de Lugo e de Ourense, coas colaboracións e participacións, entroutros, do filólogo e profesor Anxo González Guerra; do divulgador e contacontos ambientalista Anxo Moure; dos artesáns Elías de Gundivós, Fernando Ibarra, Manuel Gómez (Manolete); do viticultor Primitivo Lareu; de Sonia Faria, guía do Ecomuseo do Pazo de Arxeriz (O Saviñao), ou de Ana Cortiñas, veciña da ribeira. Conta tamén coa colaboración musical de Searas, en directo, e do grupo Gancho Sanches nos créditos.