Volver

Begoña Caamaño: o transgredir das ondas

Velaquí unha proposta teatral arredor da autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2026.

Conta con texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e está interpretada por Rocío González, da compañía Berrobambán. A actriz dálle vida a unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora. A partir da relación entre as anotacións no diario e os diferentes momentos da vida profesional de Caamaño, vaise reconstruíndo ante o público a traxectoria dunha creadora excepcional, implicada co feminismo e cos diversos movementos sociais en que participou. Porén, durante a gravación deste podcast aparecerán diversos problemas técnicos que transformarán as ideas iniciais da xornalista e influirán de forma decisiva no seu relato, como se o propio espírito de Begoña quixese puntualizar algunhas das pasaxes narradas e, ao igual ca as protagonistas das súas novelas, ser dona da súa propia historia.

Begoña Caamaño: o transgredir das ondas

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

2 de maio, ás 19.00 h

Auditorio

Vilalba

Lugo

8 de maio, ás 20.00 h

Salón de actos da Casa do Concello

Silleda

Pontevedra

9 de maio, ás 20.30 h

Centro Cultural A FábricaOleirosA Coruña

10 de maio, ás 20.00 h

Auditorio Municipal

Quiroga

Lugo

15 de maio, ás 19.00 h

Auditorio

Cangas

Pontevedra

16 de maio, ás 20.30 h

Auditorio do Centro Cultural

Muros

A Coruña

17 de maio, ás 19.30 h

Teatro Pastor Díaz

Viveiro

Lugo

10 de maio, ás 20.00 h

Auditorio Municipal

Quiroga

Lugo

15 de maio, ás 19.00 h

Auditorio

Cangas

Pontevedra