Temos dispoñibles para consulta 401 contidos
A Pedreira – Basal, presentación especial Letras Galegas 2025
30/04/2025 14:45
Fusión de estilos da man d’A Pedreira, referente da música galega desde os anos 90.
Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular
24/04/2025 14:45

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a XI Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonistas as sete cantareiras homenaxeadas e, a través delas, a poesía popular galega que elas interpretaban.

Malvela - Letras Galegas
14/04/2025 14:45

Como parte da programación da Xunta de Galicia para as Letras Galegas 2025, o emblemático grupo mosense de música tradicional dará varios concertos organizados pola Secretaría Xeral de Lingua en concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Curso Celga 2 en liña LF
21/03/2025 09:05 | Curso

Novo curso Celga 2 en liña adaptado á lectura fácil, con contidos e información accesible a persoas con discapacidades cognitivas.

Dicionario galego-ruso (2ª edición)
20/01/2025 08:00 | Publicacións | Dicionario
Neste Nadal, saborea Galicia
19/12/2024 07:51

O Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentan un novo vídeo para animar a consumir produtos etiquetados en galego durante as próximas festas de Nadal.

Neofalantes.gal
10/10/2024 15:25

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaboran nun novo proxecto dixital que, a través nas novas tecnoloxías, busca avanzar no estudo do neofalantismo e poñer en valor as conexións do galego co mundo da empresa e da lusofonía.

Nós: intelixencia artificial ao servizo da lingua galega
24/09/2024 08:00

Bota a andar o proxecto de normalización lingüística no ámbito tecnolóxico máis ambicioso que se desenvolveu nunca en Galicia, destinado a garantir o dereito dos galegos e galegas a accedermos na nosa lingua propia a recursos como os asistentes de voz, os sistemas de recoñecemento da fala ou os tradutores de alta calidade para que, deste xeito, poidamos interactuar no mundo dixital en igualdade cos falantes doutros idiomas.

Retratos de autor: Luísa Villalta fotografada por  Xurxo Lobato
12/02/2024 13:05

Imaxes do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2024.