Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou hoxe á tarde a escritora Rosalía Morlán Vieites na segunda presentación compostelá do poemario Nas rúas de Compostela. O acto, no que tamén participou o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Luís Reimóndez, acolleuno o centro sociocultural da Rocha no marco da VIII Exposición de Camelias organizada pola Asociación Cultural Rocha Forte.