A Consellería de Cultura participa en Portas no acto do 229º aniversario do nacemento de Fontán

Volver
  • Valentín García e Ana Isabel Vázquez, participaron en Portas na homenaxe a Fontán polo 229º aniversario do seu nacemento.

Portas (Pontevedra), 23 de abril de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi o encargado de ler hoxe ao mediodía o pregón do acto de homenaxe a Domingo Fontán con motivo do 229º aniversario do seu nacemento, no marco dun acto organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán. Tamén asistitu a el, na Casa da Cultura-Biblioteca da Porta do Conde, a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez.