Valentín García participa na inauguración da mostra 'Cartografía marítima de Galicia'

Volver
  • Inauguración da mostra 'Cartografía marítima de Galicia'
A exposición pode visitarse ata o 25 de xuño no Museo do Pobo Galego

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao serán no acto de apertura da mostra 'Cartografía marítima de Galicia', da colección de Clodio González, que integra 70 cartas náuticas do período comprendido entre os séculos XVII e XX.