Valentín García participa en Vigo na inauguración da mostra 'Manuel Rodríguez López. Emigrante Galego. Poeta Obreiro'
VolverVigo, 3 de xullo de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao serán na inauguración da exposición 'Manuel Rodríguez López. Emigrante Galego Poeta Obreiro'. A mostra enmárcase no Proxecto Manuel Rodríguez López, no que a Conselleria de Cultura colabora con Galicia Dixital e mais coa familia do escritor co gallo do 25º aniversario do pasamento do poeta.