García e López-Chaves acompañan unha delegación do Consello da Cultura Galega na súa visita á mostra O Pergamiño Vindel

Volver
  • García e López-Chaves acompañando o Consello da Cultura Galega na súa visita á mostra O Pergamiño Vindel

A exposición contabiliza xa, desde a súa inauguración o pasado 10 de outubro, máis de 35 000 visitas.

Vigo, 6 de febreiro de 2018.-O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañaron hoxe á tarde unha delegación do Consello da Cultura Galega na súa visita á exposición O Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, que se exhibe no Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, ata o vindeiro 4 de marzo.