Ricardo Ferreiro faise co III Concurso Balbino de Relatos pola obra 'Máis alá do río do esquecemento'
VolverO traballo impúxose a máis dunha vintena de orixinais presentados
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018.- Ricardo Ferreiro Almeda (Alcalá de Guadaira, Sevilla, 1958) fíxose coa III edición do Concurso Balbino de Relatos pola obra Máis alá do río do esquecemento. O galardón, que convoca Técnicas & Gramaxe coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, entroutras institucións, inclúe 1500 euros de premio e a publicación da peza por Edicións Fervenza. O traballo impúxose a máis dunha vintena de orixinais presentados.