Valentín García recibe a Galina Yusupova, directora do Colexio Rosalía de Castro de Moscova
Volver- Valentín García, na reunión cos dous centros que levan o nome da escritora galega máis universal
- Valentín García, na reunión cos dous centros que levan o nome da escritora galega máis universal

O centro mantén unha estreita colaboración co IES Plurilingüe Rosalía de Castro compostelán desde 1991
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu hoxe pola mañá no Pazo de San Roque a Galina Yusupova, directora do Colexio Rosalía de Castro de Moscova. Na recepción participaron tamén a directora de teatro do colexio moscovita, Elena Romanof; e mais o director e exdirector do IES compostelán, Xabier Mouriño e Ubaldo Rueda, respectivamente. O Colexio Rosalía de Castro de Moscova e o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago manteñen unha estreita colaboración desde o ano 1991 en diferentes proxectos de intercambio entre os que destaca o xurado do Premios San Clemente-Rosalía-Abanca, que integra en todas as súas edicións alumnado ruso.