Valentín García participa en Cabana de Bergantiños na presentación de Poemas que non foron ao lume

Volver
  • Valentín García, acompañado da autora e do alcalde
  • Valentín García, acompañado da autora e do alcalde
  • A autora, Matilde Vilariño

A obra sae do prelo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 11 de novembro de 2018.-  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte á tarde na presentación da obra Poemas que non foron ao lume, de Matilde Vilariño Pose. O volume, presentado no auditorio municipal, sae do prelo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.