Comezan os exames da convocatoria extraordinaria do Celga, con 1107 persoas matriculadas
VolverO secretario xeral de Política Lingüística supervisou hoxe no IES compostelán Antón Fraguas as probas do Celga 4
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, supervisou hoxe no IES compostelán Antón Fraguas o inicio das probas de acreditación do Celga 4, no marco da convocatoria extraordinaria convocada polo seu departamento para este ano. Desenvolveranse na capital galega e en Ponferrada entre esta fin de semana e a que vén (Celga 2) e nelas están matriculadas 1107 persoas. Na primera convocatoria do ano, celebrada entre maio e xuño, presentáronse nestes dous niveis un total de 1357 persoas.