Volver

Antón Lopo recibe o XII Premio de Narrativa Breve Repsol pola obra Extraordinario

O acto de entrega contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística

  • Acto de entrega do XII Premio de Narrativa Breve Repsol

A Coruña, 3 de decembro de 2018.-  O escritor monfortino Antón Lopo recibiu hoxe o XII Premio de Narrativa Breve Repsol, convocado pola Fundación Repsol e a Secretaría Xeral de Política Lingüística e dotado con 12.000 euros e coa publicación da obra por Galaxia. O acto de entrega contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.