Valentín García participa na clausura da mostra conmemorativa do 10º aniversario do SEL de Sanxenxo

Volver
  • 10º aniversario do Seminario de Estudos Locais (SEL) de Sanxenxo
  • 10º aniversario do Seminario de Estudos Locais (SEL) de Sanxenxo
  • 10º aniversario do Seminario de Estudos Locais (SEL) de Sanxenxo
  • 10º aniversario do Seminario de Estudos Locais (SEL) de Sanxenxo

Sanxenxo (Pontevedra), 15 de xullo de 2019.-  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao serán no acto de clausura da mostra conmemorativa do 10º aniversario do Seminario de Estudos Locais (SEL) de Sanxenxo, que se exhibe na sala de exposicións de Nauta no Porto Deportivo. A mostra dá conta do importante labor cultural desenvolto polo SEL, dependente do Foro Galicia Milenio, ao longo destes dez anos, no que se inclúen as xornadas e os premios Sanxenxo na historia, publicación e presentación de libros, exposicións de arte, conferencias, concursos de fotografía e o roteiro do Padre Sarmiento.​ No acto tamén participaron os responsables do Foro Galicia Milenio, Marcelino Agís, e do propio SEL, Ana Cancela.