Volver

Valentín García reúnese coas novas lectoras que se incorporan á Rede de Centros de Estudos Galegos neste curso académico

O secretario xeral de Política Lingüística recibiunas hoxe ao mediodía no Pazo de San Roque

  • Recepción coas persoas que se incorporan á Rede de Centros de Estudos Galegos neste curso
  • Recepción coas persoas que se incorporan á Rede de Centros de Estudos Galegos neste curso
  • Recepción coas persoas que se incorporan á Rede de Centros de Estudos Galegos neste curso

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019.-  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado pola subdirectora xeral de Política Lingüística, Mª Lourdes Batán, recibiu hoxe ao mediodía no Pazo de San Roque as novas lectoras e lector que se incorporarán neste curso académico 2019-2020 á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia. As universidades de destino do novo profesorado de lingua, literatura e cultura galegas no exterior son as de Leipzig, Varsovia, Bangor, Heidelberg, Kiel, O Algarve, Berlín, O Río de Xaneiro, Roma, Zádar e Braga.