As literaturas galega e portuguesa dialogan no Culturgal, que celebra o seu décimo aniversario co país luso como convidado

Volver
  • O secretario xeral de Cultura e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, ofreceron unha charla divulgativa sobre o proxecto Memoria Dixital de Galicia
  • O secretario xeral de Cultura e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, ofreceron unha charla divulgativa sobre o proxecto Memoria Dixital de Galicia
  • O secretario xeral de Cultura e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, ofreceron unha charla divulgativa sobre o proxecto Memoria Dixital de Galicia
  • O secretario xeral de Cultura e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, ofreceron unha charla divulgativa sobre o proxecto Memoria Dixital de Galicia
  • O secretario xeral de Cultura e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, ofreceron unha charla divulgativa sobre o proxecto Memoria Dixital de Galicia

Os escritores Miguel Sande e Virgínia do Carmo protagonizan a nova sesión das Conversas Nortear, promovida pola Secretaría Xeral de Cultura, pola Dirección Rexional do Norte de Portugal e pola AECT

A Consellería de Cultura tamén difunde na feira das industrias culturais o valor literario e musical do Pergamiño Vindel cunha charla dos profesores Carlos Villanueva e Pilar Lorenzo

O secretario xeral de Cultura e a directora da Amtega presentaron o proxecto da Memoria Dixital de Galicia
 

Pontevedra, 2 de decembro de 2017.- A sexta sesión das Conversas Nortear que promoven o coñecemento da cultura entre Galicia e o Norte de Portugal a partir de redes de colaboración entre os dous territorios celébrase no Culturgal, que ten o país luso como convidado para celebrar a súa décima edición. O programa Nortear para o intercambio cultural entre Portugal e Galicia está impulsado polo Goberno galego, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea para la Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

Moderados polo gañador da segunda edición do Premio Literario Nortear para a mocidade escritora, Rui Cerqueiro, os escritores Miguel Sande e Virgínia do Carmo dialogaron esta tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra sobre literatura, a forza creativa que os impulsa, as súas respectivas traxectorias profesionais e os seus proxectos. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo lembrou, durante a presentación da mesa, que as iniciativas do programa Nortear facilitan a apertura de “novas vías de futuro, para reforzar este enriquecedor e imprescindible diálogo cultural entre Galicia e a Rexión do Norte de Portugal”.

A apertura de Culturgal a outras culturas exteriores é unha das principais novidades nesta décima edición, xunto coa incorporación dun espazo propio dedicado á arte contemporánea.

Analizando o Pergamiño Vindel

A Secretaría Xeral de Cultura tamén promove no marco da programación de Culturgal a celebración dunha mesa na que se aborda a importancia do Pergamiño Vindel no desenvolvemento da lingua e a cultura non só galegas, senón tamén peninsulares.

A presenza do Pergamiño Vindel en Galicia esperta un elevado interese entre o público, tanto pola propia exposición, como polas actividades que a Xunta de Galicia organiza en torno a el. En resposta a este interese, o manuscrito ten unha presenza central no amplo expositor da Xunta de Galicia no recinto feiral, así como nas actividades organizadas no Culturgal.

É o caso desta mesa na que o comisario da mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, Francisco Singul aborda as súas características e analiza o éxito que está a acadar. Pola súa banda, os catedráticos da USC, Carlos Villanueva, experto en música medieval e Pilar Lorenzo, especialista en literatura da Idade Media fan un repaso pola singularidade deste manuscrito nas súas dimensións literaria e musical.


Ademais deste relatorio, mañá domingo celebrarase o obradoiro infantil Scriptorium. O mestre dos códices, pensado para que os nenos e nenas descubran as técnicas e materiais empregados na copia dos manuscritos durante a Idade Media. Será no Espazo Arte Contemporánea, ás 17.00 h.

A Memoria Dixital de Galicia

A terceira das actividades da Secretaría Xeral de Cultura para o sábado en Culturgal tivo lugar pola mañá. O secretario xeral de Cultura e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, ofreceron unha charla divulgativa sobre o proxecto Memoria Dixital de Galicia. Unha iniciativa baseada nas novas tecnoloxías para a xestión e a conservación do patrimonio bibliográfico, arquivístico e museístico galego, aínda non moi coñecida para o grande público.

A Memoria Dixital de Galicia vai consolidar un fondo dixitalizado do patrimonio cultural material e inmaterial galego que confluirá cos recursos dixitais no ámbito internacional. Garántese, deste xeito, a súa preservación, difusión e accesibilidade desde calquera lugar do mundo. Permite, ademais, a participación de cidadáns, empresas e institucións mediante a achega de recursos cos que contribuír á universalización do patrimonio cultural de Galicia.

Anxo Lorenzo destacou o lanzamento da nova web de Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, que permitirá que os usuarios, a través dun portelo único, poidan realizar buscas sinxelas que lles devolvan todas as imaxes dixitalizadas en calquera biblioteca ou arquivo que sexa do seu interese. Tamén se referiu na súa intervención ao comezo dos traballos de dixitalización que comprende este ambicioso proxecto, que inclúen o Arquivo da Casa de Comercio e Banca Bengoechea, custodiado no Arquivo de Galicia e os Libros do Catastro do Marqués de la Ensenada, que se atopan nos arquivos históricos provinciais e no Arquivo do Reino de Galicia.

Departamento: C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Tema: Cultura, Lingua