Volver

Valentín García e López-Chaves reciben o alumnado vigués gañador da final do Rallye matemático en Toulouse

Vigo, 9 de xuño de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial Ignacio López-Chaves recibiron hoxe o alumnado do colexio vigués Apóstol Santiago-Jesuitas gañador da final internacional do Rallye Matemático sen Fronteiras, celebrado na cidade francesa de Toulouse, que acudiu ao encontro acompañado pola directora do centro, Ana Patricia Rodríguez, e polo seu profesor de matemáticas, Juan Lois.

O equipo, integrado por oito alumnos e alumnas de 4º da ESO, clasificouse en abril canda outros dous equipos galegos, na final compostelá organizada por Igaciencia coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e impúxose o pasado 4 de maio na categoría de matemáticas a equipos cataláns, aragoneses, franceses e tunesinos neste evento internacional que organiza L'Institut de Recherche pour l'Enseignement des Sciences da Universidade Paul Sabatier de Toulouse e ao que Galicia leva concorrendo xa 26 anos.

Departamento: C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Tema: Educación, Lingua