Valentín García participa no acto de entrega de premios do concurso ‘Explícoche matemáticas 2.0’

Volver

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao mediodía no acto de entrega de premios do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), por medio da Facultade de Matemáticas e do Servizo de Normalización Lingüística. O concurso, que xa leva sete edicións, ten como obxectivo promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas, así como a creatividade do alumnado, por medio da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático. Diríxese ao alumnado das universidades públicas do estado español, procedentes de titulacións de grao ou mestrado, e a estudantado de ensino medio de Galicia e comunidades limítrofes.

Departamento: Tema: Lingua