Cultura e Turismo apoia as accións de promoción do uso do galego impulsadas pola Asociación Galega de Áridos

Volver
  • Valentín García na rolda de prensa de hoxe
  • Valentín García na rolda de prensa de hoxe
  • Valentín García na rolda de prensa de hoxe

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia as accións de promoción do uso do galego impulsadas desde a Asociación Galega de Áridos (Arigal), no marco do desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 aprobado pola Xunta.

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a rolda de prensa na que ditas accións se deron a coñecer, e na que participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen felicitou á asociación polo seu bo facer e destacou que “a Campaña Cero Accidente, o documental Que sabes dos áridos ou o cómic Lagartiño e o futuro da canteira constitúen importantes materiais de referencia cos que Arigal contribúe á dinamización do uso da lingua desde as súas accións de responsabilidade social”.

Departamento: Tema: Lingua