Valentín García participa no IES Rosalía de Castro no acto de homenaxe a Antonio Fraguas

Volver

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe no compostelán IES Plurilingüe Rosalía de Castro ao acto de homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, con motivo das Letras Galegas 2019.

Nel abríronse ao público dous proxectos expositivos elaborados polo alumnado, que se poderán visitar ata final de curso: Estampas das catro témporas e Animalario fantástico. Exhíbese tamén, canda eles, unha ilustración sobre o autor homenaxeado este 17 de maio da autoría de Pedro Avila, profesor do centro.

 

Departamento: Tema: Lingua