O Premio Novela Europea Casino de Santiago abre o seu período de votacións

Volver

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019.- O “Premio Novela Europea Casino de Santiago" abre o seu período de votacións, desde hoxe ata o venres 29 de xuño, no Café-Casino compostelán, sede do galardón, así como nas súas entidades colaboradoras, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal e mais na librería de El Corte Inglés.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe pola mañá na rolda de prensa na que anunciaron a devandita apertura e do novo proxecto incluído no premio organizado pola Asociación Cultural Café-Casino de Santiago que, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, tomará unha dimensión internacional e abrirase ás cidades europeas de Moscova, Berlín, París, Vannes e Viseu, así como a outras tres españolas nas que se habilitará un espazo de votación e promoción das novelas finalistas.

García Gómez, na súa intervención, destacou que "esta nova perspectiva europea chegará o galardón ao Xacobeo 2021 e contribuirá a dinamizar aínda máis a cidade compostelá desde o punto de vista cultural". Participaron na presentación, canda García Gómez, Ubaldo Rueda e Maribel Martín, directivos da Asociación Cultural Café-Casino; e responsables das librerías e establecementos comerciais colaboradores.
 

Departamento: Tema: Lingua