Valentín García participa na entrega de premios do VIII Certame de Microrrelatos de Feiraco

Volver

Ames (A Coruña), 1 de agosto de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios da VIII edición do Certame de Microrrelatos de Feiraco, que convoca Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas. Fixéronse con eles Lourdes Fernández, David Cortizo e M.ª Josefa Souto, na categoría adulta, e Alba Guzmán, Ailén García e Noa Conde, na xuvenil.

Tamén participaron na entrega, ademais das persoas premiadas, o director da división Láctea de CLUN, Pablo Gómez, e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo.

Departamento: Tema: Lingua