26 ago 2017 23:00

9 ondas

Cine de verán ao aire libre

Comeza: 26/08/17 | 23:00 | Remata: 26/08/17 | 23:00

Onde: Praza do reloxo (en caso de choiva, no Multiúsos do Mercado) | Marín | Pontevedra

Volver

O ciclo de cine de verán Redecinema das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística e mais da AGADIC para concellos da Rede de Dinamización Lingüística propón nesta súa segunda edición, entre outros este filme producido mediante micromecenado e integramente rodado nas provincias de Ourense e de Pontevedra.

Na fronteira entre Galicia e Portugal, un home esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. Comeza así un camiño cara á súa verdadeira identidade... 9 ondas achégase ao tema da identidade no mundo contemporáneo. É unha "road movie a pé" que mestura lenda popular, irracionalismo e poesía.

  • Proxección audiovisual
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística